Glosario de cogumelos de Galicia
É de salientar a práctica inexistencia de nomes vulgares para os cogomelos de Galiza, reciben nomes despectivos e xenéricos, pero hai zonas, nas provincias de Lugo e Ourense principalmente, onde se lles denomina: abezó, alborelle, balouro, carallos de lobo, caripocha, carrapicho, carrote, cazafella, cochote, cogaxa, cronguio, choupano, choupín, falopo, fulgueiros de raposo (medra na raíz dos toxos), fungato, gurumelo, marreabois, parrachos, patamela, patela de mel, potricos, pucho de sapo, toupelo, roquiño e zorrota.
Andoa: Boletus edulis, boletos en xeral.
Cacavainas: Agaricus silvestre, da familia do champiñón pero de máis calidade; arrecende a anís.
Cantarela: Craterellus cornucopioides e Cantharellus tubaeformis.
Cantarelo: Cantharellus cibarius, un dos mellores cogomelos, arrecende a Cointreau; tarrelos.
Carapucho: sombreiro ou casquete dos cogomelos que semella unha umbrela (parasol) aberta.
Caruncho: Hustylago maidis, a potra do millo, caruncho, fungo, furuncho, tafio, uredo. É o "caviar azteca" que comían os caciques americanos cando esta fungo era novo, pois de vello é tóxico; sabe a choquiños de Redondela.
Chasca: fungo da pataca.
Cisco: caruncho do orxo.
Cogordos: Macrolepiota procera.
Cornello: fungo do centeo ou do trigo que contén LSD; cornecho, cornello, cornizo, curruncho, dentón, lentón.
Falopo: fungo que ó secarse está cheo dun po escuro que tense empregado na medicina tradicional para secarferidas ou vexigas, e como colorante roxo para panos.
Feixó: trufa.
Gulas do monte: Chantarellus lutescens.
Lingua de vaca: Hydnum repandum.
Madeirudo: Boletus aereus.
Matacandís: Cropinus comatus.
Mugor, que ten: con sabor fúnxico, que arrecende a cogomelos, con balor.
Netorras: Russula virescens.
Pe azul: Lepista nuda, pistonuda.
Repolo do monte: Sparassis crispa. Cocido e fritido nun revolto de ovos é un plato de gourmet.
Sendeiriñas: Marasmius oreades.
Tortullos: Tricholoma portentosum.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
