Vocabulario galego da castaña
Os países da ribeira do Mediterráneo teñen a cultura da castaña inxertada no seu vocabulario. Así, os franceses xa diferencian châtaigne de marron, pero os italianos amplían vocabulario e distinguen varias clases de castagnas: caldallesa e ballota para a castaña cocida, bruciata ou caldarrosta para a castaña asada. Os alemáns coñécena por kastanie, que en inglés dise chestnut. Galegos e portugueses temos moitas máis acepcións lingüísticas.
Amoxegar: Mordiscar cos dentes ou rachar cun coitelo a casca das castañas que se queren asar, para que non estoupen no lume; amordicar, amoregar,moxegar.
Amoxetadura: acción e efecto de amoxegar. Arbor panis: os romanos chamábanlle ó castiñeiro árbore do pan, xa que nos tempos de malas colleitas facíase o pan con fariña de castaña.
Barexar: trasnada dos cativos que van roubar castañas ós veciños para o magosto.
Bullote: torta de fariña de castaña consumida polos lexionarios romanos.
Cacho: tixolo.
Coco: verme da castaña.
Caldudas: potaxe de castañas secas cocidas.
Debullar: quitarlle as cascas á castaña cocida, fresca ou asada.
Enxerimento: superficie onde remata a castaña.
Moreas: xeito de xunta-los ourizos para golpealos e separa-la castaña do ourizo.
Petela: pinzas de madeira coas que se apañan as castañas do ourizo.
Picós: anacos das cascas procedentes da pisa ou do bandoxo empregados para ceba-los porcos.
Rangalleira: Dise que o día do magosto o viño "corre á rangalleira".
Suchar: Chupar continuamente unha castaña pilonga ata que se consuma. Chuchar.
Taloura: vara longa coa que se abanea o castaño para que pinguen os ouri z o s ; tamén é bareiro.
Tixolo: tixola de ferro con buratos onde se asan as castañas. Cacho.
Tonas: cascas da castaña.
Trasmocho: castiñeiro que medra máis ó ancho que ó alto pola acción do home, que o poda coma se fose unha froiteira. Deste xeito, obtéñense máis castañas, temos polas grandes para madeira en poucos anos, e non desaparece a árbore.
Xemas: partes da castaña.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

Outros nomes
Enviado por roicinho en Mar, 11/18/2008 - 10:25.Zamelos: castanhas cozidas, na zona de Lourençá.
Gullón: castanha assada, na zona da Rúa. Não estou mui certo de que a transcrição fonética seja boa.
Saúdos