GastronomiaGalega.com

  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto
Inicio

Produtos

  • Viños
    • Rías Baixas
    • Ribeiro
    • Valdeorras
    • Ribeira Sacra
    • Monterrei
    • Outros viños
    • Castes de uva
    • Mapa vitícola
    • Rutas do viño
  • Queixos
  • Augardente
  • Marisco
  • Peixe
  • Outros do mar
  • Carnes
  • Repostería
  • Horta e pataca
  • Pan e empanada
  • Mel
  • Cogomelos
  • Froitas
  • Outros produtos

Letras

  • Artigos
  • Relatos
  • Poesía gastronómica
  • Libros

Xentes

  • Gastrónomos
  • Colaboradores

Viños

Viños

Os viños galegos son saborosos, cunha grande complexidade aromática e constitúen o mellor acompañante para peixes e mariscos. Nos últimos anos experimentaron unha grande mellora na súa calidade tanto pola aposta decidida a prol das castes autóctonas como pola mellora dos procesos de produción (utilización de aceiro inoxidable, temperatura controlada...). O que ata hai pouco resultaba impensable como a crianza en barrica hoxe é unha realidade.

Falando de brancos os Rías Baixas son os que teñen mais sona, os godellos de Valdeorras están a gran nivel e os Ribeiro están refinándose pouco a pouco. Nos tintos en cambio aínda queda moito por facer, sobre todo na utilización de castes propias de calidade.

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

Rutas do viño

Paradores

  • Ruta dos viños galegos

Rías Baixas

  • Salnés
  • Condado do Tea
  • O Rosal

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Castes galegas de uva

Brancas

Albariño

É de gran pequeno, doce e glicérico, da lugar a viños de gran calidade. Agroma cedo, maduración media-tardía e rendemento cativo. Crece ben en terreos areosos, con boa drenaxe aínda que se adapta ben a solos mais sólidos sempre que sexan frescos e secos. Cultivase maioritariamente en emparrado para evitar a humidade. Estendida principalmente na D.O. Rías Baixas aínda que tamén está presente noutras zonas. Os seus viños alcanzan graduacións entre 11º e 13º, con bastante acidez (7-9 g/l). É unha variedade aromática, con aromas florais e a froita, de intensidade media a grande e duración longa.

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Outros viños

Viño da terra de Betanzos

Hai documentos que falan do viño xa na idade media, deles dedúcese que eran de maior graduación que os de hoxe e de boa conservación polo que se utilizaba para levar nos barcos para consumo dos mariñeiros. Os de agora son lixeiros, froitosos e con pouco grao. Desde hai pouco estan acollidos á IXP "Viño da Terra de Betanzos". Na actualidade estase investigando nas castes de uva que son propias da comarca para a súa revitalización.

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Mapa vitícola galego

Mapa vitícola galego

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

Monterrei

Aínda que a viticultura é antiga na comarca é a D.O. mais nova de Galicia e tamén a mais descoñecida. O clima en Monterrei é seco e con temperaturas bastante extremas. O solo é arxiloso ou areoso. É de destacar o labor de Roberto Verino co seu Terra do Gargalo xa que é a vangarda dunha denominación que parece un pouco anquilosada.

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Ribeira Sacra

As ladeiras dos vales do Miño e do Sil posúen un microclima axeitado para o cultivo da vide aínda que para extraer á terra o seu produto haxa que cultivar en socalcos. A dificultade da mecanización fai que calquera labor haxa que realizala a man, mesmo o carrexo das cestas ó lombo ata a pista mais próxima. A D.O. é recente pero o consello está a facer un grande labor para dar a coñecer a gran calidade destes viños.

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Valdeorras

Historia

A historia do cultivo comeza cos romanos asentados na comarca para explotar os seus recursos auríferos. Dándose conta das posibilidades do microclima mediterráneo-oceanico da zona plantaron as primeiras vides e instalaron os primeiros lagares. A finais do S. XIX miles de hectáreas resultaron arrasadas pola filoxera procedente de Portugal. Cando se comezou a replantar o viñedo con patróns americanos as cepas empregadas foron tempranillo, xerez ou garnacha, moi produtivas, pero que nada tiñan que ver coas ancestrais da comarca. Actualmente parece que se intentando volver ás castes autóctonas, pero se cadra o proceso debería ser mais rápido. Algúns godellos son extraordinarios e teñen levado merecidos premios internacionais pero isto non é extensible a todos os viños que se producen na D.O.

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Ribeiro

Os viños do Ribeiro son novos, moderadamente ácidos, lixeiros, gráciles e con combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais.
Dentro dos viños do Ribeiro destacan os elaborados a base de variedades autóctonas, fundamentalmente Treixadura e Torrontés, que dan uns viños brancos característicos pola súa calidade e amplitude de matices. Estes viños deben consumirse no primeiro ou segundo ano, ó non ser sometidos a proceso de envellecemento.

  • Viños
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis
Distribuir contido

Buscar

Navegación

  • Receitas
  • Artigos recentes
  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto

www.gastronomiagalega.com