Gastrónomos
O mais coñecido dos nosos gastrónomos. Naceu en Mondoñedo (1911) e morreu en Vigo (1981). Abandonou axiña os estudios universitarios e dedicouse desde moi novo á literatura e ó xornalismo. A obra de Cunqueiro abrangue todos os xéneros pero a traxectoria como xornalista, novelista e gran fabulador afoga se cadra a súa obra como gastrónomo. Isto non impide que o seu libro Cociña galega sexa un autentico manual de referencia dos nosos pratos.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Naceu o 23 de abril de 1874 en Santiago. Tras estudar dereito consigue a praza de xuíz municipal en Arteixo. Escribiu receitas de cociña no xornal coruñés "el noroeste" co seudonimo de "picadillo". Por esa época tamén escribiu as súas obras mais coñecidas La Cocina práctica, un completo manual de cociña ou 56 maneras de guisar el bacalao.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Naceu en Vilanova de Arousa en 1885 e faleceu en Madrid en 1962. Ós 13 anos emigrou como polisón á Arxentina, de onde expulsado anos mais tarde polas seus escritos, considerados perigosos para o réxime. Xa en España comezou a colaborar en diferentes xornais, destacando pola súa sátira e o seu fino sentido do humor, herdanza galega segundo algúns. Sobre temas gastronómicos destaca La Casa de Lúculo o el arte del buen comer.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
Naceu na Coruña en 1851 no seo dunha familia aristocrática, da que herdaría posteriormente o título de condesa. O seu pai era un coñecido liberal e favoreceu a vocación literaria da súa filla co acceso dende nena á extensa biblioteca familiar. É considerada polos críticos a introdutora do naturalismo en España posuíndo unha longa produción bibliográfica. Tamén destacou como feminista e intelectual.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Naceu na Coruña, utiliza o seudónimo de "Caius Apicius" nas súas críticas gastronómicas. Foi designado premio "Alimentos de España" en medios de comunicación na modalidade mellor labor informativo continuado. Recibiu tamén o Premio Nacional de Gastronomía en 1991 e desde 1994 é membro da Academia Nacional de Gastronomía. En xaneiro de 1981 comezou a publicar os seus traballos gastronómicos na Axencia EFE.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Naceu en Chantada e desenvolveu a súa vida profesional como escritor e xornalista en Barcelona. Colaborador asiduo en revistas barcelonesas de tema gastronómico "Bouquet", "Gastronomía y Enología" e "Comer y Beber. Gran difusor da cultura galega, fixo traducións ó castelán de autores galegos e escribiu varios libros dedicados á nosa cociña. Faleceu no 2006.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
Naceu en Pontevedra, é mestra de profesión e escritora desde moi nova. É Coñecida sobre todo pola literatura infantil pero escribe sobre temas variados. Centrándonos na gastronomía, publicou libros de investigación de gran éxito como O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia escritos en colaboración con Mariano García.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Naceu na Habana e criouse no Valadouro. Nos seus libros e artigos céntrase habitualmente na gastronomía tradicional galega. Aparte das seus artigos na prensa é colaborador en varias emisoras de radio. Recibiu o Premio Alimentos de España 2005 e tamén o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro no 2004 e no 2006 por Caldeirada para dous (mortos) e A cociña do Merlín respectivamente. Outros libros sobre gastronomía son:
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Xavier Barreiro, santiagués de nacemento e por residencia, é Técnico Superior de Restauración aínda que non exerce profesionalmente entre tixolas. Colaborador de varias asociacións gastronómicas e das revistas Aunios (Asoc. Cult. Pineiróns de O Grove), Raigame (Deputación de Ourense) e A Taboada (Asoc. Cult. O Meigallo de Cuntis e Moraña). Foi webmaster de gastromania.fiestras.com e colaborou en www.afuegolento.com.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
