Libros
Historia, artes de pesca e receitario
Miguel Piñeiro
Editorial Galaxia
Velaquí o mundo da lamprea, desde os ríos e a súa pesca ata as diferentes receitas e xeitos de preparala.
Unha obra divulgativa concibida con rigor co obxectivo de difundir os aspectos menos coñecidos dun prato de gran singularidade na nosa cociña tradicional e tamén na contemporánea. A cultura da lamprea non só dende o punto de vista gastronómico senón como froito dunha tradición e dunha historia específica de Galicia.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Gloria Gallego
Edicións xerais. 1998.
Un clima duro e frío case elimina a diferenciación entre os pratos nunha zona en que se adoita tomar doces como entrantes e almorzos que semellan xantares. Desto sabe moito Gloria Gallego, que foi cociñeira no Courel antes que escritora gastronómica; as súas tartas de castaña son perfectas, o seu lacón con grelos e castañas rustridas é inesquencible.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Matilde Felpeto Lagoa
Nigra Trea. 2002.
Da boa man na cociña, tamén dunha pluma erudita, a mestra Matilde Felpeto amósanos as receitas tradicionais da zona do Salnés e doutros lares. Ten un estilo a xeito de relato, xa que, inicialmente, escribiuno para ensinarlle á súa filla a cociñar como quen le un conto, como un xogo máxico e divertido.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Miguel Vila Pernas
Edicións Lea. 2003.
PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO 2004
O polifacético Miguel Vila (cociñólogo e cociñeiro, xornalista gastronómico en prensa e radio, fillo de galegos nacido na Habana), dáse unha volta arredor da historia da cociña tradicional galega da man dos persoaxes da novela Mazurca para dos muertos, que escribíu a pluma do Nobel de Iria Flavia hai vinte anos.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Lois Caeiro
Nigra Trea, 2002.
PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO 2004
O director de El Progreso de Lugo, Luís Rodríguez, tamén coñecido como Lois Caeiro, dá conta das súas experiencias no eido gastronómico neste libro. Semella ir na procura dos sabores perdidos ó través da súa experiencia como xornalista e ávido observador da realidade.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Xavier Barreiro, Asociación Filloas da Pedra de A Baña e outros autores.
Alvarellos editora, 2007.
Mellor Libro sobre Gastronomía Galega do ano 2007
As filloas son, quizais, o doce tradicional máis famoso da gastronomía galega. Este libro presenta, por vez primeira, un completísimo, ameno e práctico tratado culinario coa filloa como ingrediente básico.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
