Outros produtos
O acontecer dos pobos sedentarios está estreitamente vinculado ó cultivo dun producto agrícola. Se este alimento conleva certo protagonismo relixioso, como convertelo nun deus, e lle engadimos un anaco de misterio e de lenda, entón temos o millo americano.
O millo (Zea Mays) coñécese en América dende hai máis de 10.000 anos, sendo sustento básico de espíritu e corpo, e cultívanse dende hai máis de 7.000 unhas trescentas especies. Os achádegos arqueolóxicos máis antigos datan do ano 3600 a. C., atopados na rexión de Tehuacán, México. A orixe da planta do millo foi un enigma ata que en 1986 C. Mangelsdorf demostrou que provén dun cruce entre un millo primitivo e unha forma perenne do teosinte (Zea diploperennis). Así e todo, este gran necesita do home para reproducirse, de seu non é posible espallar os grans. Na época precolombina estendeuse dende centroamérica ata Canadá e Arxentina.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
O clima do noso país é moi axeitado para a produción do caracol obténdose animais de gran calidade.
Desde hai uns poucos anos estanse instalando en Galicia granxas para a súa crianza, algunhas mesmo de grandes dimensións e con envasadora incluída. Tamén hai unha cooperativa que asesora ós socios e comercializa o produto.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
O cultivo da oliveira tivo gran importancia en algunhas comarcas de Galicia aínda que hoxe so queda unha pequena produción no concello de Quiroga. A mediados do século XX abandonouse practicamente a explotación nesa comarca conservándose só uns poucos litros para o autoconsumo.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
A agricultura intensiva fai que para buscar maiores rendementos se abuse de produtos agresivos para o ser humano e o medio como praguicidas e abonos químicos. O consumo ademais de produtos excesivamente refinados e elaborados trae consigo prexuízos para a saúde. Evidentemente non pode ser o mesmo un alimento que durante todo o seu proceso de producción non levou ningún tipo de química que outro extraído dun terreo no que se verqueron todo tipo de velenos e abonos.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
antojitos: bocadillos típicos mexicanos dos que existe unha gran variedade.
- chalupas: barquitas de masa de millo con recheos variados.
- peneques: son como as chalupas pero pechados.
- gorditas, garnachas: pequenos canutos recheos de carne e frixoles fritidos.
- molotes: rollos de masa de tortilla recheos e fritidos.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Nun mundo onde a globlalización cultural e gastronómica vai comendo terreo, xurde a laboura de recuperación etnográfica, gastronómica e cultural do lugar de Meiro, no concello de Bueu (Pontevedra).
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Como alimento, pódese utilizar todo o gran, maduro ou leitoso, de calquera cor (blanco, marelo, azul, roxo, negro), de calquera tipo (reventador, duro, blando, fariñento, cristalino, dentado e doce), en distintas especialidades gastronómicas (polenta, gachas, copos).
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
- O millo rascado henche a cesta e o ferrado.
- As escrouchiñas d'o millo non fan porveito a ninguèn. Mandei a mullèr a èlas; adormeceu e non vèn.
- Á porta do rezador, non botes o millo ó sol.
- Quen ós paxaros recea, millo miudo non semea.
- Hasta a folliña d'o millo sabe tamèn picardía. Garda o orvallo d'a noite, para beber po-l-o día.
- Díxolle o millo á terra: Decrúame tarde, arréndame cedo, e pagareiche o que che debo.
- En Maio, millo sembrado, cal enxoito, cal mollado.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
amontear: a terceira sacha que se lle dá ó millo.
amusiado: millo doce.
arandar: a segunda sacha que se lle dá ó millo.
arrandas: papas de millo.
arrendar: darlle a segunda sacha ó millo.
barbadela: filamentos do mazaroco; barbas do millo, bico, pera.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Como ben decía Fr. Martín Sarmiento,
"más útil ha sido a España la primera espiga de maíz que se ha traído de América para ser sembrada que todo el cerro del Potosí"
Do latín milium, grans pequenos e en gran número, xurdeu millo para expresar un dos totems da cultura gastronómica galega, e quizais unha das fontes de alimentación máis recurridas no mundo. Dende a época castrexa, en Galicia chamabáselle millo ó mijo, o millo miúdo ou paínzo (Panicum miliaceum), pasando a denominarse millo ó gran orixinario de América fai case catrocentos anos. Na Península Ibérica coñécese coma maíz, xa que ó preguntarlle os conquistadores españois polo nome desa pranta a un nativo caribeño, este respóndelles ma is, querendo decir tómao, cólleo ti mesmo.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
