GastronomiaGalega.com

  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto
Inicio

Produtos

  • Viños
  • Queixos
  • Augardente
  • Marisco
  • Peixe
  • Outros do mar
  • Carnes
  • Repostería
  • Horta e pataca
  • Pan e empanada
  • Mel
  • Cogomelos
  • Froitas
    • A castaña
    • Pera
    • Mazá
  • Outros produtos

Letras

  • Artigos
  • Relatos
  • Poesía gastronómica
  • Libros

Xentes

  • Gastrónomos
  • Colaboradores

Froitas e froitos

A castaña

A castaña, nux castanea, é o froito do castiñeiro, Castanea sativa, o arbor panis que os romanos sementaron aquí hai centos de anos e que os druídas consideraban sagrado. Pola contra, fixéronse estudios de palinoloxía que demostran a existencia do castiñeiro en Galicia antes da chegada dos romanos. Etimoloxicamente, castanea pode ter raíces indoeuropeas na palabra kas, picar, polos ourizos. Outros investigadores adxudícanlle un parentesco co vocablo grego kastanaikon karyon, noz "castaniense",nome que lle dan á castaña cultivada en Grecia e que deriva de Kastana, cidade grega onde se cree que chegou este froito no s.V a. de C prodedente do Cáucaso para espallarse por Italia, Francia, Portugal e Galicia durante o Imperio Romano,xa que estes últimos utilizaban estacas de madeira de castiñeiro para as vides. Do castiñeiro, e algún pode ter miles de anos como o de Sant Alfi en Catania, aproveitámolo todo: o froito para alimento, moi boa madeira para mobles, taninos de follas e cascas para o curtido e tinte de coiros.

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Refraneiro e cantigueiro da pera

Periñas me dan, ò almorzo;
ò jantar, peras me dan;
â merenda, danme peras;
â cea, peras sin pan.

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Vocabulario galego da castaña

Os países da ribeira do Mediterráneo teñen a cultura da castaña inxertada no seu vocabulario. Así, os franceses xa diferencian châtaigne de marron, pero os italianos amplían vocabulario e distinguen varias clases de castagnas: caldallesa e ballota para a castaña cocida, bruciata ou caldarrosta para a castaña asada. Os alemáns coñécena por kastanie, que en inglés dise chestnut. Galegos e portugueses temos moitas máis acepcións lingüísticas.

  • Froitas e froitos
  • 1 comentario
  • Ler máis

Refraneiro da castaña

Revisando a bibliografía etnográfica topamos que o cantigueiro popular galego, de Marcial Valladares, adícalle varias cantigas:

Miña nai, doime a barriga.
Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?


A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Tipos de castaña

Bolerca: a que abortou dentro do ourizo, que non medrou.
Brava: a do castiñeiro bravo,sen inxertar.
Bullada: a que xa pasou pola bulla.
Bullote: castaña asada no tixolo ou cacho.
Burgazo: castaña fresca cocida que se come con leite.
Crouco: a que é pequena.
Degaro: a castaña degraída. Tamén se chaman restrelos.
Degraída: cae do ourizo ó chan xa madura. Degaros.

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Mazá

O clima de Galicia é propicio para a produción de mazás, contando ademais con variades autóctonas moi interesantes pero totalmente desaproveitadas. Esta froita ó igual que outras era considerada cousa de rapaces ou ben simplemente servía como alimentación do gando. Isto vai mudando xa que nos últimos anos xurdiron iniciativas para sacar rendemento das mazás en forma de sidra, marmelada, etc. O seu uso na cociña galega é escaso, agás polas tortas ou empanadas de mazá.

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

Gastronomía e pera

Cruda na mesa ou comida na árbore, cocida en almibre con especias e viño, en confeitería e panadería, na cociña, transformada en perada (sidra de peras) ou nun licor, a humilde pera é unha gran esquecida inxustamente das nosas lareiras.

En confeitería e docería aproveitámola para tartas, en xarope, como recheo de biscoitos, en xelado. Nas panaderías suizas emprégana seca para face-lo famoso pan de peras Birnenbrot.

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Termos e variedades de pera

PeraNon podemos confundi-la pera co pero: froito do pereiro (P. cordata en Galicia, o estripo, pereira brava, do monte), que é aovado, semellante á mazá, máis longo que groso, con tona verde, carne abalofada e sabor ácedo agradable; en Galicia tiñamos diversas variedades de peros ou peruchos. É tradicional a cultura galega do inxerto de pugas de pereira en espiños, pereiros e marmeleiros.

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Pídelle peras ó viño

Con peras viño bebas,
e tanto sea o viño que naden as peras;
mais non sea tanto o viño que afoguen as peras.

(Refraneiro popular galego)

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Culinaria

A cultura da castaña está tan vencellada ós galegos que topamos e Souto, ou topónimos coma Sequeiros, Cequeril e Souto. Pero non só isto.A nosa conducta alimentaria sostense sobre pautas colectivas: os alimentos inxeridos, xeitos de cociñalos, emocións e recordos, os símbolos alimentarios ou normas no reparto.

  • Froitas e froitos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis
12seguinte ›última »
Distribuir contido

Buscar

Navegación

  • Receitas
  • Artigos recentes
  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto

www.gastronomiagalega.com