Horta
Se da calidade dun produto nos podemos gabar os galegos esa é a pataca. En poucos lugares do mundo se da tan ben e presenta tan boas características. A variedade Kennebeck, moi produtiva e apta para todos os usos culinarios é a autorizada para a produción da denominación especifica pataca de Galicia. Na nosa terra existen bastantes variedades dignas de ter en conta, se non pola abundancia da súa produción si polo seu sabor.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Marco xeográfico
A zona de producción das patacas protexidas pola Denominación Específica "Pataca de Galicia" está constituída polas seguintes subzonas:
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
En Galicia a venda das cebolas do pais centrase sobre todo nas feiras locais. As nosas castes propias teñen en xeral forma achatada, son menos produtivas que as de fora pero teñen mellor sabor. Moitas están a piques de desaparecer polo que se están realizando iniciativas para a súa conservación e mellora e dese xeito facelas competir nos mercados.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
O grelo é a folla tenra do nabo e consúmese case exclusivamente na nosa terra. Cultivase en toda Galicia pero os que teñen mais sona son os de zonas frías como Lugo, Monfero, Ordes ou Santiago. Aínda que é unha hortaliza que só se produce durante un curto período de tempo ó ano existen empresas que o comercializan enlatado e mesmo se están facendo probas para comercializado conxelado. O domingo de Antroido celebrase en As Pontes unha feira para a súa promoción e venda.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
De Lourenzá
O nome ven pola vila da Mariña Central onde se produce. O seu cultivo ven de vello pero sempre se vendeu a granel para Asturias, onde se facía pasar por Asturiana. Neste momento estase agardando para obter a denominación de orixe.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
De Padrón / Herbón
Cultívanse maioritariamente na parroquia de Herbón pero son mais coñecidos polo nome de Padrón, o concello ó que pertence. Seica foron traídos polos franciscanos de Herbón dende México no S. XVI. É ben coñecido o dito de uns pican e outros non pero o certo é que cando realmente pican é cara ó final do verán. Precisamente aí está a graza deste pemento.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
