GastronomiaGalega.com

  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto
Inicio

Produtos

  • Viños
  • Queixos
  • Augardente
  • Marisco
  • Peixe
  • Outros do mar
  • Carnes
    • Tenreira galega
    • Lacón galego
    • Capón de Vilalba
    • Chacinería
    • Outras carnes
    • Razas galegas
  • Repostería
  • Horta e pataca
  • Pan e empanada
  • Mel
  • Cogomelos
  • Froitas
  • Outros produtos

Letras

  • Artigos
  • Relatos
  • Poesía gastronómica
  • Libros

Xentes

  • Gastrónomos
  • Colaboradores

Carnes

Carnes

Galicia ten unhas condicións naturais excepcionais para a cría de gando de maneira extensiva, pero desta actividade non se saca todo o proveito que se podería, só fai falla observar o estado en que están moitos montes, cubertos pola maleza e sen rendibilidade ningunha. Cabalos e algúns tipos de vacas críanse en liberdade pero o pastoreo de porcos como se facía antano ten moitas posibilidades e está desaproveitado. Vacas, cabalos, porcos, así como cabras e ovellas serven de desbrozadora natural e deberían utilizarse máis, manterían o monte limpo e evitarían os prexuízos que no medio causan as granxas industriais, por non falar dos beneficios para as persoas ó ter unha alimentación natural.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

Razas galegas de animais


Galiña de Mos

Variedade de galiña recuperada parece ser da parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei (Terra Chá).
Ave de gran tamaño e con boa actitude cárnica, é a raza tradicionalmente empregada para a crianza dos capóns de Vilalba. Intentase a súa recuperación a gran escala.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Outras carnes

Os galegos nunca tiveron por esta carne a mesma devoción que polo porco, aínda que é merecente de ter un oco mais importante na nosa cociña xa que calidade dos nosos años é semellante senón superior ós casteláns. Faise estufada ou ó forno, pero tamén ó espeto, moi popular en Moraña a onde foi levado por un emigrante en Sudamérica. Existen dous ecotipos de ovella galega ambos moi aptos para a produción cárnica e cunha calidade organoelectrica excelente.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Chacinería

Butelo, botelo

Está feito co estómago do porco e contén costela, touciño, peles, adubado con pemento, ademais de allo, ourego e sal.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Proceso de cría do capón

Todo comeza coa selección en orixe dos mellores machos dispoñibles para crialos como capóns. Cando teñen entre 1-1,5 kg. de peso, que correspondería cunha idade de entre 45-60 días, son castrados cirurxicamente. Unha vez capados, déixanse repousar uns días na corte, sen saír ó campo, para que poidan recuperarse da operación e non se lles infecte a ferida.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Historia do capón

Introducción sobre os galos

A data de domesticación do galo descoñécese. Se sabe que todas as razas de galos que hai hoxe proceden dun, o Galo de Bankiva, procedente do sudeste asiático. Podía terse producido no ano 3.200 a.C., pero parece ser que ocorreu na India 2.000 anos a.C. Había galos domésticos en China no 1.400 a.C. e chegaron ó sur de Europa uns 700 anos a.C.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Capón de Vilalba

Milenaria tradición é a cría de capóns, o que hoxe é un dos mais apreciados e exquisitos pratos da nosa gastronomía, foi xa apreciado polos señores que no medievo dominaban a vila, convertendo ó capón nun medio de pagar rendas que perviviron ata o noso século.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Lacón galego

Producto ben coñecido dentro e fóra de Galicia, inseparable dos grelos e do máis completo cocido. A creación da denominación ofrece garantías de calidade ó facer un produto homoxéneo algo que ata agora non acontecía xa que se podía encontrar no mercado lacóns de curación e calidade moi variable, non sempre boa.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Tenreira galega

A carne da vitela galega sempre tivo grande sona, en Galicia e fora dela. A alimentación confírelle boa parte do seu sabor pero a aptitude cárnica das nosas razas autóctonas tamén contribúe a achegarlle calidade a un produto que polo momento se salva de escándalos frecuentes noutros lares como o engorde con hormonas, clembuterol, etc. Os controis parecen fortes, pero nunca se está a salvo dos desaprensivos.

  • Carnes
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis
Distribuir contido

Buscar

Navegación

  • Receitas
  • Artigos recentes
  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto

www.gastronomiagalega.com