Marisco
O marisco galego, o que se produce nas rías ou na plataforma continental, goza de merecida sona pola súa excelente calidade. As condicións das augas galegas fan que os produtos mariños medren mais rápido que noutros lugares e cun sabor excepcional. O marisco haino en moitos sitios, pero o que fai singular a Galicia é a súa variedade, xa que probablemente en ningún lugar do mundo hai tal diversidade de especies.
Hainos de prezo económico como o mexillón ou o berberecho e tamén desorbitado como o camarón ou a cigala grande, pero entre eses dous prezos pódese escoller unha variada gama.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Nesto de cocer o marisco existen moitos xeitos pero como norma xeral todo o marisco vivo debe cocerse en auga fría, contando o tempo de cocción desde que empece a ferver. Se está morto cocerase en auga quente. A auga deberá cubrir completamente o marisco. Se non se dispón de auga de mar a proporción de sal por litro será duns 80 gr. O costume é botar loureiro na cocción, pero se non se quere non pasa nada. Tamén se poden cocer os lumbrigantes ou as lagostas en auga cunhas verduras como cebola, cenoria, porro.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
