GastronomiaGalega.com

  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto
Inicio

Produtos

  • Viños
  • Queixos
  • Augardente
  • Marisco
  • Peixe
  • Outros do mar
  • Carnes
  • Repostería
  • Horta e pataca
  • Pan e empanada
  • Mel
  • Cogomelos
  • Froitas
  • Outros produtos

Letras

  • Artigos
  • Relatos
    • Os trasnos comecastañas
    • Cova de fervuras
    • Refenda da lamprea e o Siñor Ninguién
    • Feira meigalla
    • Un fenómeno paranormal
  • Poesía gastronómica
  • Libros

Xentes

  • Gastrónomos
  • Colaboradores

Relatos

Un fenómeno paranormal

Venancio Cienfuegos apenas recordaba nada de lo sucedido durante la conferencia. Ese día, al mediodía había comido un gran plato de ensalada, una más que abundante ración de fabada asturiana y tomado de postre unas cuantas rodajas frescas de melón, ya que en eso consistía el plato del día y su bolsillo no andaba tan suelto como para hacer muchas florituras y pedir a la carta. En realidad, cuando entró en el establecimiento pensaba reponer fuerzas muy frugalmente, unas hojas de lechuga, dos rodajas de tomate y quien sabe si se animaría a medio huevo cocido.

  • Relatos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Feira meigalla

“¡Pócemas para o mal de amores, feitizos dun día, conxuros para meigas chuchonas, corno esfeilado de trasno, aturuxos de tronante, tempo de vivos medido nun reloxo con areas de ouro, flores de figueira, ovos de pita choca dun galo negro, cuspe de Satán en cunca de garabano, peidos cheirentos de Lucifer en pó, soños de tolo, pensamentos esquecidos dunha muller namorada, raiolas do Arco da Vella, cirios e candeas usados pola Santa Compaña, petiscos de xiria de demouchiños, ollos e aguillóns de serpe, coiro de sapo, bilis de neno nacido morto, acios de linguas de mouros e auténtico

  • Relatos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Cova de fervuras

Noutronte recibín un correo electrónico dende o inferno tecleado letra a letra polo demo, enténdase Lucifer, Satanás, Jezabel, Leviathan, Belcebú, Azrael, ou calquera dos outros centos de alcumes co que os mortais o coñecemos. Non é que eu sexa un trasno, nen un demo pequeno, ou calquera aproveitado que tenta facer tratos coas forzas do mal, pero xa di o refrán: un coñecido ata no inferno. De cando en vez, fágolle unha consulta porque hai que preguntarlle a quen saiba, neste caso máis por demo que por vello.

  • Relatos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Vilagude

Os trasnos comecastañas

De tódalas Damas da mitoloxía celta e galega Vilagude é a máis coñecida. Esta fada, que tamén é un anxo, vive cun demouchiño ruín, o Chapurros, que lle enche a cachoupa de trasnos larpeiros para darlles de comer día e noite durante toda a vida. A coitadiña non para de cociñar, nunca ten repouso na súa existencia para botar un suspiro.

  • Relatos
  • Os trasnos comecastañas
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

O zarrabullo

Os trasnos comecastañas

Entra no corpo dun galo e ponse a galear con tódalas galiñas e pitas para que non queden chocas, agás se son maniñas, negras ou xa non poñen. Cando as galiñas mudan a pluma, ou en vésperas dunha festa na que se vai come-lo galo guisado con arroz e castañas, convértese en Inzo ou Cirno; algunha vez fai de arroallo ou de cachán. De haber outro galo no curral pelexa con il e sempre lle gaña.

  • Relatos
  • Os trasnos comecastañas
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Os patachicas

Os trasnos comecastañas

Dende Carcacía ata Lestrove, pasando por Herbón e Padrón, non hai trasnos que máis lle amolen a vida ós veciños. Os Patachicas son o triunviriato do mal: pai, nai e filla. Chegado o tempo da colleita, adoitan amoxetar na puntiña os pementos, e se pican mellor. Polo seu físico confúndense con patacas grandes: achaparrados na distancia entre polos e amplos de sebo no ecuador, as pernas pequeniñas a xeito de rollas semellan os ollos que agroman das patacas vellas, e a cabeza miudiña, con poucos miolos dentro, como unha oliva.

  • Relatos
  • Os trasnos comecastañas
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

O Esparapillado

Os trasnos comecastañas

A este trasgo nada lle sae ó dereito: sen darse de conta métese no saco onde se fai a bulla das castañas e leva unha malleira de paus, claro que tamén é o primeiro en comelas pilongas. Por trosmo, que non por trasgo, cae nas cuncas cheas de viño e bébeo pra non afogar nelas; sendo nun vaso cunha rodela de limón e vermú queda enriba do cítrico e chucha pola palliña.

  • Relatos
  • Os trasnos comecastañas
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Inzo

Os trasnos comecastañas

O pequeniño Inzo transfórmase en abiñadoira, o andego, ise ovo que se deixa no niño do poleiro pra que a plumífera sega poñendo. Aséntase debaixo da galiña, entre a palla do poñedeiro, e cando ista pon o ovo escáchallo nunha fenda cos seus chavellos puntiagudos, mételle a longa e viperina língoa deixándoo abalofado enseguidiña pra despois pega-los anacos da casca co cuspe pegañento que linxe da língoa, tentando deste xeito enganar á poñedora e ó seu amo.

  • Relatos
  • Os trasnos comecastañas
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Gazafello

Os trasnos comecastañas

No Fogar do Carrapucho, na cuntiense Vila do Baño, é onde mellor coñecen o xeito de actuar para darlle caza a este demo que tanto incordia. Os Gazafellos teñen pinta de coelliños, pero non nos enganemos co aspecto porque son asasinos e depredadores non naturais dos coellos, atrevéndose a arrincarllos das fauces aos cans. Este trasno é capaz de correr perigos extremos, poñendo a súa vida en xogo con tal de acadar unhas boas castañas para comer cos coellos que devora con moita ledicia.

  • Relatos
  • Os trasnos comecastañas
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Cirnos

Os trasnos comecastañas

É unha mágoa que non sexan tan grandes coma nós porque coñecen o a arte do corte perfecto dos alimentos. Son tan pequenos que cortan as castañas frescas en cachiños, como se fose o despiece dun cocho, pra comelas cociñadas do mesmo xeito que calquera carne.

  • Relatos
  • Os trasnos comecastañas
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis
12seguinte ›última »
Distribuir contido

Buscar

Navegación

  • Receitas
  • Artigos recentes
  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto

www.gastronomiagalega.com