Augardentes
Obtense da destilación de bagazos de uva é dicir dos restos que non ten aproveitamento no proceso de elaboración do viño. Pertence á mesma familia de destilados que os marc franceses, grappas italianos, bagaçeiras portugueses ou tsiroupos gregos. Antigamente era considerada a bebida dos pobres e hoxe é valorado por todo o mundo. O termo "orujo" non ten tradición en Galicia é só un nome comercial para dar a coñecer o noso augardente fora do país.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Augardente de herbas
A augardente de herbas é a bebida espirituosa tradicional elaborada en Galicia en instalacións inscritas nos rexistros do Consello Regulador, obtida a partir de augardente amparada pola denominación de orixe xeográfica Augardente de Galicia mediante maceración e destilación en presenza das herbas que a caracterizan, cun contido en azucres inferior a 100 gramos por litro e cun grao alcohólico volumétrico mínimo de 37,5 e máximo de 50.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
A alquitara
(Do árabe al-gattara, a que destila) é o método de destilación tradicional máis antigo, utilizado aínda en algunhas zonas de Galicia, Portomarín, Val de Monterrei. É o sistema mais lento e o de menor rendemento, os seus defensores din que achega mais calidade, ainda que esta afirmación non se poida demostrar obxectivamente. O equipo para a destilación consta de tres elementos conectables, unha base xeralmente de ferro fundido, unha pota duns 200 litros e un capacete que contén no seu interior un condensador con saída a través da biqueira, os poteiros ás veces poñen un vimbio fendido para que flúa mellor.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
A finais do século XIX prohíbese a destilación de bagazo para a obtención de augardente porque se dicía que contiña substancias tóxicas que podían producir a morte. Sen embargo, os galegos alegaron o seu consumo desde tempos inmemoriais, non só como bebida, senón como remedio para diversas doenzas."
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Este é o mais tradicional e coñecido
Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espíritos das nevadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas:
feitizos das menciñeiras.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
É se cadra a bebida galega mais coñecida, as súas orixes son escuras, uns din que ten raíces ancestrais, outros que é recente. Ainda que hai versións para todos os gustos na que se lle bota de todo esta é a máis tradicional.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
