GastronomiaGalega.com

  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto
Inicio

Produtos

  • Viños
  • Queixos
    • Tetilla
    • Arzúa-Ulloa
    • San Simón
    • Cebreiro
    • Outros queixos
  • Augardente
  • Marisco
  • Peixe
  • Outros do mar
  • Carnes
  • Repostería
  • Horta e pataca
  • Pan e empanada
  • Mel
  • Cogomelos
  • Froitas
  • Outros produtos

Letras

  • Artigos
  • Relatos
  • Poesía gastronómica
  • Libros

Xentes

  • Gastrónomos
  • Colaboradores

Queixos

Queixos

As características do clima galego fan que o noso sexa un país propicio para a produción leiteira e polo tanto o aproveitamento para facer queixos é moi antigo. A aprobación das distintas D.O. deron homoxeneidade ás distintas variedades garantíndolle ó consumidor a calidade.

Actualmente xa que o gran publico coñece os nosos queixos non estaría de mais comezar a facer algúns produtos diferentes e de alta calidade como queixos con leite ecolóxico, cen por cen rubia galega ou con vacas de alta montaña (cachena, frieiresa, vianesa...), etc. Estes productos exclusivos deixarían un alto valor engadido nas explotacións, importante para a súa supervivencia.

Os queixos galegos son suaves, brandos, pouco curados, aínda que cada variedade ten a súa diferenciación. O método de elaboración do tetilla e máis o Arzúa-Ulloa apenas difiren mentres que o Cebreiro ten un punto de acidez que non teñen os outros e o afumado do San Simón faino peculiar. Noutrora o uso de leite de ovella e cabra era moi común pero hoxe é moi escaso.

  • Queixos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

Outros queixos

Do país

É un queixo que ten a forma e un tipo de elaboración mais ou menos parecida ó Arzúa-Ulloa pero que non está acollido á denominación, ben por estar fora da zona autorizada ou por non cumprir as normas establecidas para a súa inclusión. Adoita ser de calidade variable.

  • Queixos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Cebreiro

Queixo graxo cunha consistencia que depende do grao de maduración. A pasta é granulosa e codia fina. Elabórase basicamente con leite de vaca ó que se lle pode engadir leite de cabra en cantidades non superiores a un 40%.

  • Queixos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

San Simón

A codia é inelástica, dura de 1-3 mm de grosor, cor amarela-ocre e algo graxenta.

  • Queixos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Arzúa-Ulloa

Este queixo ten a denominación de orixe desde o ano 95 e comprende como indica o seu nome as comarcas de Arzúa e da Ulloa, ademais doutros concellos próximos. É dos máis consumidos xunto coa tetilla, coa que comparte un xeito de elaboración semellante. Por vilas de toda Galicia aínda se pode ver a súa venda polos propios produtores artesáns.

  • Queixos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis

Tetilla

O tetilla é un queixo histórico, amplamente coñecido, orixinario suponse do centro de Galicia, sobre todo do surleste da provincia da Coruña. Hoxe a súa elaboración estendese a todo o territorio galego e é o que máis produción ten. Ata hai poucos anos era coñecido como queixo de teta, dada a súa feitura, aínda que hoxe estea mais extendido o eufemismo tetilla.

  • Queixos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
  • Ler máis
Distribuir contido

Buscar

Navegación

  • Receitas
  • Artigos recentes
  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto

www.gastronomiagalega.com