Produtos
Letras
- Artigos
- Socioloxía dun chapante
- Lareira e pote en Santiago
- Xantares de trobadores
- O bandullo de Ons
- Lambetada de césares e deuses (lamprea)
- Historia da filloa
- La cocina informatizada de 2003
- Gallaecia dapes. Manxares galegos en latín
- Leonardo da Vinci
- Entre o entroido e a coaresma
- Fillos da lubre na tixola
- A castaña
- O millo
- Relatos
- Poesía gastronómica
- Libros
Xentes
Artigos
Foise o tempo das Carnes Tolendas, das enchentas, cando o enterro da sardiña, pero entre cada xexún aínda podemos lembrar eses arrecendos sen pecar, quizais con certo morbo gastronómico. Non hai tantos anos que a Igrexa dubidaba se comer ovos fritidos no xexún era pecado e se o unto e o touciño no pote podían converter ao noso caldo nun prato de carne, o cal sería un pecado mortal aínda para quen non tivera máis que un pouco de touciño rancio para disumular a fame.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
«¡Sursum corda!» ¡Arriba os corazóns! Con este aturuxo gastronómico en latín escomenzaban os romanos as súas enchentas coa idea de darse ánimo e felicitarse polo bo xantar que ían chapar.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Desde que el hombre dejó de comer a la carta y sin pagar un euro, en el paraíso terrenal, tuvo que ponerse a trabajar para matar el hambre. Según cuentan las crónicas de aquellos tiempos por culpa de una manzana en mal estado y una buena moza.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
O primeiro testemuño que se coñece sobre a posible orixe das filloas nas Illas Británicas deixouno escrito Beda o Venerable. Beda (nacido en 672/673, tradicionalmente en Jarrow, Northumbria, e morto o 25 de maio do 735) pasou a maior parte da súa vida no mosteiro da localidade onde naceu, pois con tan só 7 anos ingresou no mesmo. Nunca se moveu máis aló duns quilómetros deste emprazamento, o cal non foi obstáculo para que Beda alcanzase unha profunda erudición e piedade, polo que se lle adxudicou o título de Venerable.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Lamprea (Tacuinum Sanitatis. Século XV):
- Natureza: de pouca frialdade e humidade.
- As mellores: as de carne máis branca.
- Beneficio: axudan ao coito e ao esperma.
- Prexuicio: para aqueles que padecen do cólico.
- Remedio do prexuicio: cocidas en xelatina.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Orxias en Roma
Poida que estemos a falar da herdanza da cociña romana en Galicia, daquela Gallaecia, porque Caius Apicius, afamado cociñeiro romano do século I e autor dun dos libros de cociña máis antigos, na súa obre De Re Coqvinaria amósanos outra receita:
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Esfolándolle uns libros vellos a unha biblioteca apareceu unha xoia dos xantares de Aunios, a Illa de Ons. Nun monográfico sobre a illa publicado nos anos 30 por Álvaro das Casas na revista Nós, deléitasenos coas receitas de dous pratos moi coñecidos daquela: a Compota e o Bandullo. O achádego foi para sentirse coma un arqueólogo gastronómico que topa cun fósil descoñecido da nosa cociña, aínda que non esquecido nas lareiras do Morrazo nos días de festa familiar. Cómpre salientar que nas zonas do interior de Galicia coñecíase como O Pedro, o bandullo de porco recheo.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
As técnicas da cociña aínda eran algo sinxelas e a herdanza da cociña romana perdérase, pero sen esquecerse nos mosteiros.O forno marcaba a diferencia entre ricos e pobres, xa que era obrigado coce-lo pan no forno do señor, e pagarlle por usalo. O feito de cociñar carne no forno era unha técnica culinaria reservada a éste, se ben os máis humildes asaban os alimentos nas pedras quentes da lareira, unha vez limpas, debaixo dunha pota de barro cuberta de cinzas.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
A alimentación medieval, feita con cereais -millo miúdo, orxo, centeo, pouco trigo- a xeito de gachas e pan de mestura -que en épocas de escasez facíase con fariña de fabas ou de castañas-, carne -non para todos- e touciño -case artículo de luxo-, peixe, viño, legumes e hortalizas -chícharos, lentellas, cenorias- e froitas, mostraba carencias de vitaminas A, D e C.Aínda así, a cantidade superaba á calidade, sendo unha alimentación pobre, comparada cos patróns modernos, que axudaba á propagación de enfermidades e epidemias:xeroftalmia, escorbuto, pedras na vesícula e rils,
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Tamén hay unha copia dun códice do ano 1252, entregado por El Rey Alfonso X, na que se informaba da cuantía dos impostos a pagar á Coroa por varios conceptos: prezos dos falcóns cazando e multas a pagar se se matan, fíxanse os prezos dos alimentos e as multas a pagar en caso de infraccións no peso ou no cobro e díctanse algunhas medidas ecoloxistas, ollado coa perspectiva actual. Manda El Rey que
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
