Socioloxía da alimentación con castañas
Hai anos, no tempo dos magostos era doado toparse coas castañeiras vendendo a súa mercadoría nas esquinas dalgunhas rúas de Compostela, Ourense, e outras vilas, berrando ¡que ferven, castañas quentiñas! Rafael Alberti fálanos delas: "seguramente porque estase achegando o Nadal, tódalas castañas voaron dos seus ourizos. E tódalas castañeiras, dende as máis novas ata as máis anciás, recóllennas baixo a aba entre as pernas, quecendo e torrando alí a súa mercadoría. Non toparon mellor lume". Hoxe aínda podemos topar vendedores ambulantes cunha vella locomotora asando castañas na rúa, colaborando a face-la paisaxe típica do magosto urbán, xunto cos cucuruchos de papel cheos de castañas quentes que a xente devora con ledicia.
A cultura da castaña está tan vencellada ós galegos que topamos e Souto, ou topónimos coma Sequeiros, Cequeril e Souto. Pero non só isto.A nosa conducta alimentaria sostense sobre pautas colectivas: os alimentos inxeridos, xeitos de cociñalos, emocións e recordos, os símbolos alimentarios ou normas no reparto. Non abonda con que unha cousa sexa comestible para que remate sendo comida, é preciso que forme parte da configuración da imaxinación gastronómica e que sexa recoñecida como símbolo de autoafirmación no grupo, creando así un pasado gastronómico con raigame na nosa personalidade. No caso galego, a imaxinación gustativa, a tradiconal e costumista, é, segundo o principio de sedimentación alimentaria: pulpeira, lampreeira, marisqueira, sardiñeira, lacoeira, empanadeira, caldeireira, castiñeira e queixeira. Habería que engadirlle a imaxinación da mentalidade festeira gastronómica, filloeira e augardenteira.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
