Repostería
Filloas, feixós
Son típicas do Antroido, pero non están tan "encasilladas" como as orellas. Están incorporadas desde hai tempo ás cartas dos mellores restaurantes galegos. Hainas doces ou salgadas, de sangue, de leite, de caldo, de centeo. Ás cociñadas na pedra quedan mais grosas e na tixola que quedan mais finas.
Orellas
É unha sobremesa típica do Antroido faise con fariña ovos, manteiga, azucre, auga, anís e canela. Con estes ingredientes faise unha masa, logo estendese para que quede fina, cortase en triángulos e frítese.>
Bandullo, vincha, tripón doce
Chamaselle bandullo porque antigamente se facía co bandullo do porco. Consiste en poñer a cocer no forno ovos, pan en pequenos anacos, pasas, azucre e leite ou caldo. Ten diferentes nomes por toda Galicia e con lixeiras variantes.Tamén é típico do Antroido.
Bica de Trives, Manzaneda, Castro Caldelas...
É unha especie de biscoito elaborado con manteiga, azucre, fariña, ovos, limón, canela e lévedo como ingredientes principais. A bica de Trives é a mais coñecida, pero por toda a comarca se fai este doce de maneira practicamente idéntica.
Melindres
Elaborase basicamente con fariña, ovos, manteiga e un baño de azucre. Dependendendo da vila onde se elabore, Melide, Allariz ou Silleda pode levar outros ingredientes como anís ou améndoa. Ten gran tradición na vila de Melide parece ser que se remonta a principios do pasado século.
Torta de Santiago
Orixinaria de Compostela é o doce galego máis coñecido dentro e fóra de Galicia. É un biscoito feito a base de améndoas e decorada coa cruz de Santiago. Non se coñece a súa orixe aínda que hai quen sostén que ten varios séculos de antigüidade. Recentemente foi incluída como indicación xeográfica protexida para garantir a súa calidade xa que é un produto moi imitado.
Torta de Mondoñedo
Torta dada a coñecer por Carlos Folgueira. Está feita de follado e enchida de biscoito, améndoa e cabelo de anxo.
Torta do cigarrón
Típica da comarca de Verín, está feita maioritariamente con produtos da bisbarra, castañas, mel, ovos, améndoas e fariña. É de recente creación, ponse á venda nas datas do Antroido e está a ter moito éxito.
Marrón glacé
Aínda que non é un doce tipicamente galego prodúcense en Galicia marrón glacé de excelente calidade. Dúas empresas do país dedícanse á producción desta lambetada e dos seus derivados. Ó brandy, en bombón, so fai falla unha materia prima excelente como é a nosa castaña. Aínda que poden variar lixeiramente dun elaborador a outro os ingredientes básicos do marrón glacé son: Castañas, azucre, glucosa e vainilla.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
