GastronomiaGalega.com

  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto
Inicio › Cogomelos

Produtos

  • Viños
  • Queixos
  • Augardente
  • Marisco
  • Peixe
  • Outros do mar
  • Carnes
  • Repostería
  • Horta e pataca
  • Pan e empanada
  • Mel
  • Cogomelos
    • Fillos da lubre na tixola
    • Glosario de cogumelos
    • Normas basicas para o seu consumo
    • Preparación e conservación
  • Froitas
  • Outros produtos

Letras

  • Artigos
  • Relatos
  • Poesía gastronómica
  • Libros

Xentes

  • Gastrónomos
  • Colaboradores

Normas basicas para o seu consumo

  • Usar cestos para gardalos. Nas bolsas de plástico esmorecen pronto, poden levedar e ser a causa dunha intoxicación. Antes de ir ó monte a por eles deberíase facer un curso de iniciación á micoloxía ou apuntarse a unha das saídas que organizan as asociacións micolóxicas de Galiza.
  • Para atopalos pódese empregar un pao, remexendo o mínimo na terra que os rodea para non danar o micelio. Nunca se pode empregar o angazo para recollelas, débese respectar o entorno.
  • Recoller só aqueles que se coñezan, sen arrancalos, cortalos deixando o micelio para que sigan a medrar outros anos. En caso de dúbida non comelos, déixanse no seu hábitat sen estragalos.
  • De atopar algún que non se coñeza hai que procurar recollelo enteiro para identificalo.
  • Non consumir aqueles exemplares que medran preto dunha estrada, dunha fábrica, dun invernadoiro ou dun depósito de lixo, poden estar contaminados.
  • Nunca se deben recoller exemplares vellos, con vermes, e só apañar a cantidade da que se vai consumir.
  • Consumilos o antes posible, pois teñen máis arrecendo e cocíñanse mellor. De non facelo, pódense secar ou conxelar para comelos en calquera ocasión.
  • Coa axuda dun pincel ou dun papel de cociña, limpalos no momento e tirar a parte non comestible.
  • Para cociñalos nunca se lavan con auga (nin con zume de limón), simplemente límpanse de terra e areas cun pincel, un trapo ou un papel de cociña.
  • Non é aconsellable un consumo semanal de cogomelos superior ós 250 gr. Todos teñen o seu punto de toxicidade, por iso non lle sentan igual a tódolos bandullos nin se lles dan para comer ós rapaces.
  • Cogomelos
  • Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

Buscar

Navegación

  • Receitas
  • Artigos recentes
  • inicio
  • blog
  • foros
  • chat
  • contacto

www.gastronomiagalega.com