O libro Lampreas e Pesqueiras de Miguel Piñeiro foi presentado no Salón Camilo José Cela do Chef Rivera en Padrón diante dun cento de persoas.
Como preámbulo introdutorio, proxectouse un vídeo dedicado ás pesqueiras, ás artes de pesca e á cultura lampreeira.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Historia, artes de pesca e receitario
Miguel Piñeiro
Editorial Galaxia
Velaquí o mundo da lamprea, desde os ríos e a súa pesca ata as diferentes receitas e xeitos de preparala.
Unha obra divulgativa concibida con rigor co obxectivo de difundir os aspectos menos coñecidos dun prato de gran singularidade na nosa cociña tradicional e tamén na contemporánea. A cultura da lamprea non só dende o punto de vista gastronómico senón como froito dunha tradición e dunha historia específica de Galicia.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Os países da ribeira do Mediterráneo teñen a cultura da castaña inxertada no seu vocabulario. Así, os franceses xa diferencian châtaigne de marron, pero os italianos amplían vocabulario e distinguen varias clases de castagnas: caldallesa e ballota para a castaña cocida, bruciata ou caldarrosta para a castaña asada. Os alemáns coñécena por kastanie, que en inglés dise chestnut. Galegos e portugueses temos moitas máis acepcións lingüísticas.
Revisando a bibliografía etnográfica topamos que o cantigueiro popular galego, de Marcial Valladares, adícalle varias cantigas:
Miña nai, doime a barriga.
Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?
A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Bolerca: a que abortou dentro do ourizo, que non medrou.
Brava: a do castiñeiro bravo,sen inxertar.
Bullada: a que xa pasou pola bulla.
Bullote: castaña asada no tixolo ou cacho.
Burgazo: castaña fresca cocida que se come con leite.
Crouco: a que é pequena.
Degaro: a castaña degraída. Tamén se chaman restrelos.
Degraída: cae do ourizo ó chan xa madura. Degaros.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
A cultura da castaña está tan vencellada ós galegos que topamos e Souto, ou topónimos coma Sequeiros, Cequeril e Souto. Pero non só isto.A nosa conducta alimentaria sostense sobre pautas colectivas: os alimentos inxeridos, xeitos de cociñalos, emocións e recordos, os símbolos alimentarios ou normas no reparto.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Hai anos, no tempo dos magostos era doado toparse coas castañeiras vendendo a súa mercadoría nas esquinas dalgunhas rúas de Compostela, Ourense, e outras vilas, berrando ¡que ferven, castañas quentiñas! Rafael Alberti fálanos delas: "seguramente porque estase achegando o Nadal, tódalas castañas voaron dos seus ourizos. E tódalas castañeiras, dende as máis novas ata as máis anciás, recóllennas baixo a aba entre as pernas, quecendo e torrando alí a súa mercadoría. Non toparon mellor lume".
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
